Blogornitoloxía galega
Felizmente, desde hai uns meses, e incluso anos, vense detectando unha crecente interese por partillar a través da rede aquelas citas, ideas, achados ou documentos dentro dos denominados web logs ou, simplemente, blogs ou blogues.
En Galicia hai xa un bo número de blogues activos, con información que ven a complementar perfectamente a que fornecemos nesta web, e que podemos consultar clicando sobre o seu nome:
Aves de la ría do Burgo, de Antonio Sandoval, o "decano" dos blogues galegos, con información actualizada desta parte da ría da Coruña temperada con noticias e comentarios moi prestosos.
Aves do Val Miñor, de César Vidal, que fornece unha valiosa información sobre este recuncho do extremo suroeste galego complementado con datos do Baixo Miño e da provincia de Ourense, por exemplo.
Aves del noroeste de la provincia de A Coruña, de Xabier Varela, un vistoso blog con citas da zona de Arteixo até a Costa da Morte, principalmente.
Aves de San Simón y la Península de O Morrazo, de José Ramón Gómez, que cubre esta interesante zona das Rías Baixas, incluíndo San Simón, un espazo natural do "fondo" da ría de Vigo certamente interesante.
Aves rapaces de Galicia, de Juan Carlos Epifanio, interesantísima bitácora deste experto nas aves de rapina, con fotografías únicas.
Aves de la Mariña lucense, de Amadeo Pombo, elegante e completo blog coas derradeiras observacións de aves no cuadrante nordés galego.
Otras observaciones, tamén de Amadeo, fai o propio coas citas obtidas polo autor fóra do ámbito da Mariña luguesa.
La Chova Piquirroja en Galicia, blog monográfico deste emblemática especie dos cantís litorais e montañas galegas, elaborado por Amadeo.
Aves da Terra Cha, do grupo Numenius de Lugo, moi recomendábel blog sobre este espazo natural ameazado, con fermosas fotos e completa información das aves da zona.
Birds and Birding in NW Iberian Peninsula, blog en inglés de Cosme D. Romai, que versa sobre as aves do cuadrante noroeste ibérico.
Nomes de animais e plantas en galego, a bitácora dun afeccionado á natureza en xeral como as aves en particular e referente no tema das denominacións vernáculas da fauna e flora de Galicia
Bitácora dun aprendiz a digiscoper, o blog de Xacobe de Toro, con interesantes fotos e comentarios.
Paxaros... e outras cousas, novo portal de Sergio París, moi completo no tocante a comentarios e fotos.
Seguro que me deixo máis algún blog no tinteiro... ogallá que o seu número aumente coa mesma calidade ao menos que os arriba citados!