|
Cursiño de iniciación á ornitoloxía
conmemorando o Día
Mundial das Aves |
|
|
|
5, 6 e 7 de outubro de 2007. Santiago de Compostela (CO). |
Novas xornadas organizadas pola Sociedade Galega de Ornitoloxía en
colaboración co grupo Drosera (Lugo), Oureol-Obradoiro Ambiental (Santiago de
Compostela), Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes (Santiago de Compostela),
Universidade de Santiago de Compostela e Asociación Numenius (Lugo).
Palestras a celebrar os días 5 e 6 en Santiago de Compostela, con saída para
ver aves mariñas ao cabo Corrubedo (Ribeira) o día 6 e excursión con xornada de
anelamento na Terra Chá o domingo día 7 de outubro.
Cartel aquí.
Programa e inscrición
aquí.
Información importante:
- Devido a problemas na tramitación do
mesmo, o crédito de libre configuración para os alumnos e alumnas de
Bioloxía da Facultade de Santiago de Compostela finalmente non se poderá
dar.
- O día límite para a inscrición
para o curso será o día venres 5 de outubro ás 12:00 h da mañá.
- As persoas que queiran asistir á
saída a Corrubedo e/ou á excursión a Terra Chá deberán confirmalo
por e-mail ou por teléfono (ver abaixo).
- O pagamento por ingreso en
conta bancaria da excursión á Terra Chá deberá facerse antes do
xoves 4 de outubro.
Tomar nota de:
- E-mail de contacto: sgosgo
(arroba) sgosgo.org
- Teléfono de contacto: 655 609
717.
- Conta bancaria:
2091/0387/41/3040002096 de Caixa Galicia.
- Lugar das ponencias: Aula
Magna da Facultade de Bioloxía da U.S.C. R/Lope Gómez de Marzoa, s/n. Cámpus
Universitario Sur. 15705 Santiago de Compostela.
Participa!