Documentos de interese da SGO
De maio e abril:
8 de maio
Xa está listo o informe fenolóxico de 2007 da Sociedade Galega de Ornitoloxía, con base á información de primeiras chegadas de aves recollida no Noticiario Ornitolóxico. Podes baixar aquí o informe (versión 1.0) e, complementariamente, aquí a folla Excel (actualizada) para que, se detectas algunha omisión ou erro (isto é, que obtiveras ou que teñas noticia dalgunha cita máis temperá das recollidas), nola remitas ao enderezo de correo electrónico habitual, este. Graciñas polo voso interese.
3 de maio
O pasado dia 24 de marzo celebrouse na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria da Sociedade Galega de Ornitoloxía. A Xunta Directiva da SGO redactou a seguinte folla informativa (monográfica) que podedes descargar aquí.
22 de abril
Detectouse un problema no acceso ao Noticiario Ornitolóxico correspondente a Xaneiro 2007, que non se logrou solventar polo momento. De modo provisional, este se pode consultar en formato .pdf clicando aquí.