Crónica da ornitosaída
a Pena Trevinca. 23 e 24 de xuño de 2007.
A fin de semana do 23 de xuño fixemos a excursión da SGO
a Trevinca na súa VI edición participando 6 persoas (Pepe Guitián, Ana, José
Ramón, Fran, Nacho e Sala). Este día arrancamos dende Fonte da Cova e
cristeando pola parte máis alta da serra chegamos a Vilanova. O comezo foi
bastante deprimente pois na subida en coche dende O Barco e no arranque dende
a Fonte da Cova pasamos por lugares desfeitos pola minaría da lousa. Este ano
ao iniciar a camiñada en Fonte da Cova (1800 m s.n.m.) foi unha ruta moito
máis doada que outros anos porque fixemos menos desnivel, subimos a Pena
Survia, Pena Negra e Pena Trevinca, en total uns 24 km. O tempo acompañou a
xornada sendo o mellor que tivemos de todas as edicións, sol despexado pero as
temperaturas non eran moi altas sen pasar frío. O número de especies foi moito
menor que outros anos xa que fixemos moitos menos hábitats que nas pasadas
excursións. Como máis destacable, observamos aguias cobreiras Circaetus
gallicus, pedreiros cincentos Oenanthe oenanthe, picas
campestres Anthus campestris e o mellor, unha parella de merlos
rubios Monticola saxatilis. Ao día seguinte puidemos observar un
abellaruco Merops apiaster preto da Veiga que foi a única especie a
engadir na lista da zona que agora xa ten 88 especies. Coma sempre estupenda
cea no Trisquel. Ata o ano que ven.
Luis José Salaverri Leiras (membro da SGO)
Dossier fotográfico da ornitosaída a Trevinca: