Galiciaves é unha rolda
de correos electrónicos sobre a observación, conservación
e estudio das aves en Galicia, promovida pola Sociedade Galega de
Ornitoloxía.
Están fóra da temática da rolda as aves de
gaiola ou cría, a cetrería e a súa caza.
Os idiomas a utilizar na rolda son, preferentemente, galego, castelán
e portugués.
Para subscribirse hai que mandar unha mensaxe en branco a:
galiciaves-subscribe@yahoogroups.com
Para comezar a enviar mensaxes ós membros deste grupo, simplemente
envíe unha mensaxe de correo electrónico a:
galiciaves@yahoogroups.com
Se non desexa pertencer a galiciaves, pode cancela-la súa
subscrición se envía unha mensaxe de correo electrónico
a:
galiciaves-unsubscribe@yahoogroups.com
Para calquera observación respecto á rolda ou se
non funciona a subscrición ou non pode deixa-la rolda polos
medios anteriores, pode poñerse en contacto co moderador
no enderezo
galiciaves-owner@yahoogroups.com
Normas.
1) É recomendable revisa-lo enderezo ¿Debo contestar
en privado ou a tódolos membros de Galiciaves?
2) Revisa-lo asunto da mensaxe para ver se concorda co seu corpo.
3) Tratar de ser concisos nas mensaxes. Evitar máis de 70
carácteres por liña.
4) Ó replica-las mensaxes elimina-las liñas innecesarias.
5) Está prohibido enviar arquivos adxuntos e é recomendable
escribir en texto plano, para evita-la propagación de virus.
6) Tódalas mensaxes deben ir firmadas, non se permiten as
mensaxes anónimas.
7) Non se deben difundir mensaxes sobre localización de
niños de aves na rolda. Hai que ter en conta que o acceso
á rolda é libre.
8) É moi aconsellable o uso do nome científico ademais
do vulgar.
|