SGO

Galiciaves é unha rolda de correos electrónicos sobre a observación, conservación e estudio das aves en Galicia, promovida pola Sociedade Galega de Ornitoloxía.

Están fóra da temática da rolda as aves de gaiola ou cría, a cetrería e a súa caza.

Os idiomas a utilizar na rolda son, preferentemente, galego, castelán e portugués.

Para subscribirse hai que mandar unha mensaxe en branco a:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Para comezar a enviar mensaxes ós membros deste grupo, simplemente envíe unha mensaxe de correo electrónico a:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Se non desexa pertencer a Galiciaves, pode cancela-la súa subscrición se envía unha mensaxe de correo electrónico a:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Para calquera observación respecto á rolda ou se non funciona a subscrición ou non pode deixa-la rolda polos medios anteriores, pode poñerse en contacto co moderador no enderezo
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Normas.

1) É recomendable revisa-lo enderezo. Debo contestar en privado ou a tódolos membros de Galiciaves?.

2) Revisa-lo asunto da mensaxe para ver se concorda co seu corpo.

3) Tratar de ser concisos nas mensaxes. Evitar máis de 70 carácteres por liña.

4) Ó replica-las mensaxes elimina-las liñas innecesarias.

5) Está prohibido enviar arquivos adxuntos e é recomendable escribir en texto plano, para evita-la propagación de virus.

6) Tódalas mensaxes deben ir firmadas, non se permiten as mensaxes anónimas.

7) Non se deben difundir mensaxes sobre localización de niños de aves na rolda. Hai que ter en conta que o acceso á rolda é libre.

8) É moi aconsellable o uso do nome científico ademais do vulgar.