SGO

A SGO está a colaborar co proxecto LIFE EUROKITE (LIFE18 NAT / AT / 000048), que ten como idea central o emprego da tecnoloxía de  telemetría para identificar o uso do hábitat espacial das especies obxectivo e cuantificar as razóns crave da mortalidade das especies de aves rapaces na UE. A través deste proxecto preténdese implementar accións para combater as principais causas de morte provocadas polo home, como a persecución ilegal, especialmente a través de envelenamentos, colisións co tráfico rodado e ferroviario, parques eólicos e liñas e postes eléctricos. Por tanto, contribuirá á aplicación dunha serie de obxectivos políticos clave da UE.

O proxecto ten entre as súas especies obxectivo ao  millafre real (Milvus milvus), especie considerada prioridade de conservación particular da UE, xa que o 95% da poboación reprodutora mundial atópase dentro do seu territorio. A presencia desta especie en Galicia ata agora era anecdótica e básicamente concentrada durante o paso migratorio postnupcial. Nos últimos anos os avistamentos da especie foron medrando e nos últimos anos detectáronse varios durmidoiros invernais da especie no noso territorio, sendo un deles empregado por un dos exemplares marcados con GPS dentro do proxecto Eurokite. A colaboración da SGO consistirá nos seguintes 7 anos no seguimento deste exemplar e deste durmidoiro situado na provincia de Lugo. Igualmente se incorporará a este seguimento un segundo durmidoiro localizado na  provincia de Ourense.

Censo invernal europeo de Millafre real 2020.

O mes de xaneiro de 20212A SGO participou no censo simultáneo de millafre real (Milvus milvus) realizado como parte do proxecto Life Eurokite . Censáronse un mínimo de 136 exemplares repartidos en 3 durmidoiros: 1 en Lugo e 2 en Ourense Ademais visitáronse algunhas zonas do norte de Pontevedra donde o pasado outono houbo avistamentos repetidos da especie, pero non se detectou a súa presenza.

A maior parte dos exemplares detectáronse na provincia de Lugo, contándose 106 millafres no único durmidoiro atopado no censo e ao que está asociado un exemplar marcado no proxecto Life Eurokite.

Estes resultados aportan datos de magnitude descoñecida ata agora en Galicia, onde o millafre real non era habitual no período invernal. Esta colonización pode estar relacionada co incremento que a especie está a mostrar, dende a década pasada, no resto de territorios da cornixa cantábrica. Esta incipiente poboación invernante en Galicia pode verse afectada pola proliferación actual de proxectos eólicos no noso territorio. Dende a SGO enviaremos información detallada dos resultados á Dirección Xeral de Patrimonio Natural para que tomen as medidas oportunas para minimizar os efectos sobre a especie. Cabe recordar que o millafre real está incluído no catálogo galego de especies ameazadas na categoría de en perigo de extinción ao igual que a poboación reprodutora a nivel estatal.

Máis información sobre o proxecto Life Eurokite :

https://www.life-eurokite.eu/en/projects/eurokite.html