SGO

En Marzo de 2014 a SGO presenta unha petición de información ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza sobre supuestas solicitudes de controis poboacionais de corvo mariño grande.

Documento

Posteriormente, no mes de maio a DXCN remite informe de resposta coa información solicitada, do que se extraen as seguintes conclusións:

"De xeito xeral, a información científica dispoñible indica que o corvo mariño grande non presenta un problema significativo para as poboacións piscícolas en Galicia. Poderíanse dar casos puntuais de influencia significativa do consumo de corvos mariños grandes invernantes sobre as poboacións de troita en certos tramos de ríos de interior de Galicia. Estes casos deberían avaliarse de xeito individualizado. Cando en función desa avaliación se concluíra que existe xustificación para desenvolver certas medidas de xestión, poderíanse propoñer estas cunha efectividades esperable tan só a moi curto prazo e que en ningún caso resolverían o problema en orixe (o incremento das colonias de cría)".

Informe de resposta da DXCN