SGO

A Sociedade Galega de Ornitoloxía foi fundada nunha asemblea constituínte celebrada en Santiago de Compostela o 8 de Maio de 1999, a iniciativa de varios ornitólogos galegos e despois de varias reunións iniciais. Estes vían interesante a creación dunha asociación dedicada exclusivamente ás aves en Galicia, á observación, ó estudio e á conservación delas e os seus hábitats.

Ademais había unhas actividades ornitolóxicas, nas que a súa organización ía rotando entre diferentes grupos ou persoas. Estas son o Anuario das Aves de Galicia e o Congreso Galego de Ornitoloxía, celebrado cada tres anos dende 1989. Tentar darlles continuidade a estes labores foi unha das razóns principais para a constitución da SGO. Outra razón foi manter máis en contacto ós ornitólogos galegos, entre outras cousas para poñer en marcha grupos de traballo que tan bo resultado deran con anterioridade (Estudios da Aguia Real e a Choia en Galicia iniciados nos Congresos Galegos de Ornitoloxía).

Así, fundouse a SGO cos fins do estudio científico e a conservación das aves silvestres e dos seus hábitats en Galicia. Ademais, tenta promover entre os cidadáns o coñecemento, aprecio e respecto das aves e da natureza en xeral.

A SGO realiza unha serie de actividades á parte da organización do Congreso Galego de Ornitoloxía e da edición do Anuario das Aves de Galicia, que son:

Saídas ó campo: excursións, maratóns ornitolóxicos.
Charlas, conferencias.
Grupos de traballo.
Publicacións: Anuario, Boletín da Sociedade (A Carriza), Informes, Follas informativas.
Galiciaves: rolda de correos electrónicos sobre as aves de Galicia.

A SGO agradece a cesión de fotografías para esta web ós socios Juan Gomez, Oscar Martínez, Xosé Luis Fernández, Xavi Pumariño, Pablo Gutiérrez, Luis Jose Salaverri.

Podes contactar coa SGO a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou por correo postal o Apdo. 581, 15780-Santiago de Compostela.


Nestes momentos a SGO ten mais de cento cincuenta socios e a súa xunta directiva está formada por:

Presidente: Óscar Rivas López

Vicepresidente: Alexia del Río García

Secretario: Sergio París Gómez

Tesoureiro: José Manuel Martínez Mariño

Vocais: Encarnación González Rodiño, Alexandre Justo Álvarez, David Rodríguez Sobreira, Diego Rodríguez Vieites e José Antonio Salazar Rabasa.