A SGO é unha asociación dedicada ó estudio científico e a conservación das aves silvestres e dos seus hábitats en Galicia
Noticiario Ornitolóxico
 NOVIDADES
Xornada humidáis en Rábade
 
 
O vindeiro 4 de febreiro imos celebrar na Casa dás Ínsuas de Rábade (LU) unha xornada dedicada aos humidais
O vindeiro 4 de febreiro imos celebrar na Casa dás Ínsuas de Rábade (LU) unha xornada dedicada aos humidais: Xornada dos Humidais. A conservación das zonas húmidas galegas de importancia ornitolóxica.

O programa será:

- 10h: Excursión ornitolóxica pola Terra Chá.

- 17h: Charla a cargo do compañeiro L.J. Salaverri: "Tendencias poboacionais das aves acuáticas invernantes no nordeste de Galicia".

- 18h: Mesa redonda: A conservación das zonas húmidas galegas de importancia ornitolóxica.

Paxareando polo intermareal Umia - O Grove
 
 
Saída ornitolóxica polo Complexo Intermareal Umia-O´Grove o vindeiro 15 de xaneiro as 9:30
A SGO organiza unha saída ornitolóxica polo Complexo Intermareal Umia-O´Grove o vindeiro 15 de xaneiro. Guiados por Encarna Glez., coñeceremos os segredos ornitolóxicos deste importante enclave, que tantos e tan bos rexistros paxareros proporciona.

A cita é as nove e media da mañá no aparcadoiro central da Lanzada e, en principio, durará todo o día (non esquezades levar o bocata!).

II Encontro Ornitolóxico na Estaca de Bares
 
 
O 24 de setembro celebramos unha xuntanza ornitolóxica na Estaca de Bares.

Atoparémonos alí a partir das nove da mañá e ver paxaros e charlar en tan magnífico lugar. Para comer, cada un pode levar o bocadillo, aínda que probablemente outros prefiran achegarse ao Semáforo ou a Bares a comer sentado e quente e descansar un intre. Iso pódese valorar sobre a marcha, en función do tempo que teñamos, e de como estea o paso. Para os menos avezados nas mariñas, contaremos con expertos "seawatchers" que nos explicarán todo o que podamos ver no mar.

Se tedes dúbidas podedes escribir a sgosgo@sgosgo.org

Esperamos contar convosco!

Saúdos cordiais

Xunta Directiva

Cartel do encontro

Nova tempada do SACRE
 
 
Nova tempada do SACRE e xornadas formativas
Este mes de abril comeza un nova tempada do SACRE, programa de seguimento de aves comúns impulsado por SEO/Birdlife a nivel estatal e coordinado pola SGO a nivel galego. Aberto a calquera afeccionado ou afeccionada ás aves, este programa ten por obxectivo coñecer as tendencias poboacionais das nosas aves máis comúns. O traballo de campo consta unicamente de dúas mañas de mostraxe coas que poderemos contribuír á conservación das nosas rolas, escribentas, lavercas ou bueblas.

Se queres colaborar podes consultar ás instruccións do programa na seguinte ligazón,

http://www.seo.org/programa_seccion_ficha.cfm?idPrograma=3&idArticulo=223

ou ben dirixirte ao enderezo sacre@sgosgo.org

Xornadas formativas programa SACRE.
Conicidindo co inicio dunuha nova tempada do programa SACRE, nas vindeiras semanas a SGO celebrará nas catro provincias galegas xornadas formativas sobre este programa de seguimento de aves. As xornadas están abertas a todas as persoas interesadas nas aves e nelas falaremos sobre os obxectivos deste programa, sobre os fundamentos da metodoloxía de traballo, a cobertura de mostraxe actual e resolveremos dúbidas e problemas do traballo de campo. Finalmente, faremos unha práctica de campo de recollida de datos e identificación de aves.

Provincia: A CORUÑA
Data: 08 abril de 2011
Lugar: local do G. N. Hábitat
Enderezo: Rúa Camariñas, 8-baixo 15002 A Coruña
Localidade: A Coruña (A Coruña)
Hora: 20:30

Provincia: A CORUÑA
Data: 09 abril de 2011
Lugar: Aldea Nova
Localidade: Sedes (Narón)
Hora: 10:30

Provincia: OURENSE
Data: 15 abril de 2011
Lugar: Aula de natureza de Oira
Enderezo: Paseo fluvial de Oira s/n 32001 Ourense
Localidade: Oira (Ourense)
Hora: 18:00

Provincia: PONTEVEDRA
Data: 16 abril de 2011
Lugar: Aula de natureza do cabo Udra
Localidade: Cabo Udra (Bueu)
Hora: 10:30

Provincia: LUGO
Data: 16 abril de 2011
Lugar: Centro de Conservación e Estudo da Natureza "Casa das Ínsuas"
Enderezo: R/ José Pardo y Pardo Montenegro, Rábade (Lugo)
Localidade: Rábade (Rábade)
Hora: 09:00


Semana do Moucho, ave do ano 2011
 
 
Semana do Moucho, ave do ano 2011

A SGO declarou a finais do ano pasado ao Moucho (Athene noctua) ave do ano 2011. Consideramos que esta especie pode ser un bo indicador do estado de conservación do hábitat agrario e a sua biodiversidade asociada. Nos últimos tempos, os cambios acontecidos no medio agrario ameazan a conservación das especies ligadas a estes habitáts, polo que cumpre chamar a atención das administracións e de toda a sociedade en xeral para tomar conciencia destas ameazas.

Con motivo desta declaración dende a SGO coa colaboración do Grupo Naturalista Hábitat, celebrarase en Galicia a semana do moucho. Esta é unha iniciativa aberta ao público, que terá como finalidade actualizar, ao menos parcialmente, o coñecemento sobre a distribución e abundancia actual da especie na nosa comunidade, ademáis de realizar unha aproximación histórica a sua presenza en Galicia.

Dende aquí animamos a tódolos socios e entusiastas a participar nesta actividade que axudará a mellorar os coñecementos sobre a poboación desta popular especie, que nos últimos tempos parece estar a sufrir un certo declive na nosa terra.



Xornada sobre a Charrela (Perdix perdix hispaniensis)
 
 
Xornada sobre a Charrela (Perdix perdix hispaniensis) A Sociedade Galega de ornitoloxía nomeou á Charrela ave do ano 2010 en Galicia. Por tal motivo, os vindeiros 27 e 28 de novembro, celebrarase en San Román de Cervantes (Comarca dos Ancares) unha xornada para dar a coñecer o estado de conservación actual desta emblemática especie da nosa montaña. Programa no apartado Arquivos, ou directamente: http://www.sgosgo.org/archivos/XCharrela.pdf

DÍA DAS AVES
 
 
DÍA DAS AVES Estaca de Bares, Domingo 3 de outubro de 2010
Estaca de Bares, Domingo 3 de outubro de 2010 O vindeiro 3 de outubro conmemorando o día das aves a Sociedade Galega de Ornitoloxía coa colaboración do grupo de SEO/Pontevedra organizará en Estaca de Bares (Mañón) unha xornada de observación de aves mariñas, que comenzará ás 9:00 h. da mañá. Estaca de Bares, pola súa posición estratéxica nunha das rutas migratorias máis importantes, configura un dos mellores puntos para a observar o paso de aves mariñas, que nestas datas do outono alcanza un dos seus puntos álxidos. Trátase dunha actividade aberta para todos os públicos e unha oportunidade para iniciarse na observación das aves da man de xente experta. O obxetivo desta xornada é conmemorar o día das aves convidando a todas as persoas a participar e a desfrutar da natureza, no convencemento de que a divulgación do noso patrimonio natural servirá para protexelo. Para máis información ou dúbidas podedes escribir ao seguinte enderezo electrónico sgosgo@sgosgo.org. Se vas asistir agradezeríamos a túa confirmación para poder organizar a xornada o mellor posible.

Congreso GIA Galicia 2010
 
 
XI Congreso do Grupo Ibérico de Aguiluchos (GIA) organizado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) Dende a SGO e o GIA estase a organizar o congreso Circus, que terá lugar do 15 ao 17 de outubro no concello de Allariz, Ourense. Podedes consultar as derradeiras novas no blog: http://congresogiagalicia2010.blogspot.com

Ave do ano 2010 en Galicia: A Charrela
 
 

Despois da votación do ave do ano, ésta resultou a especie elexida. Dende a SGO con motivo desta designación preténdese organizar unha charla sobre a situación da especie en Galicia e unha excursión na sua zona de presenza.

Informarase en canto esté decidida a data e o programa da xornada.
 
Debuxo: Encarna González Rodiño



Taller internacional sobre a ecoloxía do corvo mariño cristado no sur de Europa. 27 e 28 de marzal de 2010, en Baiona (Pontevedra)
 
 

A Sociedade Galega de Ornitología (SGO), e o Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal (Universidade de Vigo), a Red de observación de Aves e Mamíferos mariños (RAM) e o Grupo Ibérico de Aves Mariñas (GIAM-SEO/Birdlife) organizan o Taller internacional sobre a ecoloxía do corvo mariño cristado no sur de Europa os días 27 e 28 de marzal de 2010, en Baiona (Pontevedra).
http://www.seo.org/programa_seccion_ficha.cfm?idPrograma=22&idArticulo=1719


Dentro das aves mariñas os corvos mariños cristados son unha das especies de bioloxía más descoñecida para os ornitólogos en xeral a pesar da facilidade de observación de aves en augas costeiras. Nas derradeiras décadas o seguimento de colonias deu lugar a unha mellora no coñecemento da bioloxía e o estatus das poblacions. E fundamental o traballo de investigación dos ornitólogos nas áreas de nidificación destas aves tanto nas suas colonias de cría (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña, Baleares, Portugal, Gibraltar e as illas e illotes ibéricos) como a través de seguimento mediante marcado individual. O seguimiento de aves marcadas con anelas pvc permite obter información sobre os movimentos, contacto entre núcleos poblacionais e uso de hábitat da especie e esto permite definir áreas mariñas de importancia para o corvo mariño cristado.

E importante destacar que o corvo mariño cristado e unha especie de ave mariña que atopase gravemente ameazada polas actividades humanas, sobre todo polas mortes accidentais en aparellos de pesca, os vertidos de hidrocarburos e a introducción ou solta de especies invasoras, como o Visón americano.

O principal motivo deste taller e reunir ás personas interesadas no corvo mariño cristado para que podan dar a coñecer os proxectos que están realizando sobre a especie e impulsar a coordinación con outros ornitólogos para que seus traballos posteriores teñan maior alcance e maior difusión.

Póster taller

Convocatoria
 
Ficha inscripción


Xulio Valeiras
Coordinador GIAM
coordinadorgiam@gmail.com
www.seo.org/?GIAM

Andrés Bermejo
Presidente SGO
Sociedade Galega de Ornitoloxía
Apdo. 581
15780 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)

sgosgo@sgosgo.org
http://www.sgosgo.org



Primeiro Anterior Seguinte Último