Introducción.
Tipos de marcas máis frecuentes
.
Normas para a recollida e notificación dos datos
.
Códigos para as colores
.
Comunicación das observacións
.
Bibliografía
.






Introducción.

O anelamento convencional, con anel metálico dotado de remite (en España: "MINIST. AGRICULT. ICONA. MADRID-5. SPAIN"), foi e é fundamental para desvelar moitos dos segredos das vidas das aves: lonxevidade, rutas migratorias, fenoloxía, cambios poboacionais, éxito reproductivo, etcétera.

Motivado pola pequena porcentaxe de recuperacións, este método é insuficiente en determinados estudios, pois necesitaríase marcar inxentes cantidades de aves dunha especie para obter un número de controis significativo. Recórrese entón ás marcaxes especiais, capaces de individualizar a cada exemplar a distancia, permitindo unha cantidade moito maior de "recuperacións".

Tipos de aneis Dende o ano 1997, o belga Dirk Raes mantén en Internet unha páxina web, http://www.cr-birding.be, aprobada polo EURING (organización europea de anelamento), que intenta aglutinar a maior parte de proxectos de anelamento con marcas especiais presentes en Europa. Actualizada con moita frecuencia, contén información sobre preto de 600 proxectos que afectan a 175 especies de aves. Destacan as gaivotas e os limícolas, coma especies máis representativas, con 166 e 64 estudios respectivamente.

Como se pode imaxinar, tan importante coma realizar as marcaxes é obter observacións e comunicalas. Polo tanto dende a Sociedade Galega de Ornitoloxía, propoñémonos animar a tódolos observadores galegos que divisen aves marcadas con cores, a que nos fagan chegar as súas observacións co obxecto de centralizar estes datos, permitindo con elo a realización de eventuais estudios que afecten á nosa comunidade e tamén unha maior e mellor coordinación co resto das rexións.

VANTAXES
O anelamento con cores é unha técnica de investigación valiosa para moitos estudios. Algúns afectan a aspectos do comportamento nunha área restrinxida detallando as actividades diarias de aves particulares, mentres outros están interesados principalmente en movementos entre áreas, descubrindo o percorrido e a fenoloxía das migracións anuais.

As vantaxes sobre a marcaxe con anel metálico son varias. Cunha sola captura pódense realizar múltiples lecturas. O radio de control é moito máis amplo, é posible confeccionar unha especie de "curriculum vitae" da ave dando a posibilidade de realizar estudios máis amplos. Permite que certos detalles descoñecidos da ornitoloxía, estean máis dispoñibles para os observadores afeccionados (recíbese o c. v. da ave) e proporciona unha mellor e máis rápida idea das rutas migratorias, a evolución das poboacións, etcétera, ó investigador.



Volver ó comezo da páxina








Tipos de marcas máis frecuentes.

Ideáronse múltiples métodos para identificar as aves a distancia, uns máis sinxelos, coma productos químicos descolorantes e outros máis complicados coma os emisores vía satélite. Os máis amplamente empregados son os seguintes:

Cisne con colar COLARES. Aneis plásticos de gran tamaño colocadas no pescozo da ave. Habitualmente utilízanse en aves acuáticas nadadoras. Xeneralizáronse nos últimos anos en tódalas especies de gansos. En España utilízanse no ganso bravo Anser anser e na galiñola cristada Fulica cristata.

Pato con 
	placas PLACAS E DISCOS NASAIS. As placas, son estructuras formadas por dous elementos plásticos provistos dunha inscrición, fixados mediante un pasador a través das narinas da ave. Os discos son pequenas pezas de plástico de varias formas e cores que se axustan ós dous lados do bico. Principalmente usados no marcado de anátidas.

MARCAS ALARES PATAXIAIS. Láminas plásticas dotadas dalgún tipo de inscrición, suxeitas á pel da á mediante un fío de nailon que perfora a pel situada no espacio comprendido entre o cúbito-radio e o úmero (pataxio). Estas marcas son moi visibles tanto en voo coma coa ave pousada.

RADIOEMISORES. Ideais para o seguimento individual de aves que requiran unha localización constante e exacta. Basicamente consiste nun emisor de radiofrecuencias, suxeito á aves mediante algún dispositivo e un receptor dotado de antenas direccionais. Os emisores vía satélite poden ser localizados a través do globo terráqueo, e permiten estudiar a ruta migratoria ou movementos dun determinado individuo ó redor do mundo.

ANEIS DE LECTURA A DISTANCIA. Na actualidade é o método máis utilizado nos proxectos de anelamento con marcas especiais. A maior parte consisten en pranchas cilíndricas de PVC de dobre ou triple capa, cada unha dunha cor diferente. Mediante a perforación da capa externa, deixando ó descuberto a interior pódense gravar díxitos e letras, podendo realizarse a súa lectura a distancias considerables mediante ópticas adecuadas.

Aneis lisos Aneis de color lisa simple. Non presentan ningún tipo de inscrición. A súa lectura redúcese á identificación da color e á posición en que se encontran colocados os diferentes aneis.

Aneis de bandas de colores lisas. Diferéncianse das anteriores en que un solo anel ten máis dunha color gravada, xeralmente formando bandas ó redor de todo o anel. Tamén carecen de inscricións.



Anel con inscricion Aneis alfanuméricos de inscrición simple. Mostran números ou letras gravadas. Teñen unha única inscrición, que pode repetirse ó redor do anel para permitir a lectura desde posicións diferentes. Son as usadas comunmente en láridos.

Aneis alfanuméricos de inscrición dobre. Distínguense das anteriores en que portan dúas lecturas diferentes en caras opostas do anel. É un método totalmente desaconsellable, xa que é moi difícil realizar a lectura completa das dúas inscricións.

Aneis de código de barras ("Wasp" rings). Consisten na presencia de tres barras paralelas que percorren o anel en todo o seu perímetro. Existen dous tipos de barras: finas e grosas, pudendo quedar algunha posición sen barra.



Volver ó comezo da páxina








Normas para a recollida e notificación dos datos.

Cando se observa unha ave anelada con aneis de cores ou outro tipo de marcas especiais, anotaranse o maior número de datos posibles coa fin de caracterizala da maneira máis exacta. Por suposto identificala especie, o lugar exacto (a ser posible, aínda que sexa a "posteriori", determina-las coordenadas), a data. As características da marca: anel alfanumérico, colar, etcétera; as súas colores exactas e a súa combinación se a tivese, a súa posición: Dereita, esquerda, tarso, tibia, a inscrición presente: presencia de números ou letras, liñas horizontais ou verticais, etcétera. Ó inicio recoméndase realizar un pequeno debuxo.

Trala correcta recollida dos datos pasamos a notificalos. Isto idealmente débese realizar mediante códigos estándar. Anque en España elaboráronse normas de codificación nese sentido (CALDERÓN, 1987; CALDERÓN e GARRIDO, 1999), decidimos adoptar as novas especificacións realizadas en abril do 2000 polo British Trust for Ornithology, especificacións que probablemente sexan aceptadas en pouco tempo por tódolos países dependentes do EURING.

Cada óso da pata pode ter ata catro marcas de colores. A á e o pescozo un máximo de dúas. Cada unha destas partes do corpo coñécense coma posicións. As marcas son sempre recollidas de arriba a abaixo. A lectura de calquera díxito (por exemplo BIN) debe ser de esquerda a dereita coma se se estivesen lendo as letras dunha palabra. A orientación da escritura do anel, tanto se a rodea coma se vai cara arriba ou cara abaixo non debe afectar ó código.

Os dous primeiros carácteres denotan a posición LB (left below): Esquerda debaixo da articulación intertarsal, LA (left above): Esquerda arriba, RB (right below): Dereita abaixo, RA (right above): Dereita arriba. NC (neck collar): Colar, RW (right wing tag): Marca alar dereita, LW (left wing tag): Marca alar esquerda, NS (Nasal saddles): Placas e discos nasais.

Ferreiriño anelado As marcas de color para cada posición son listadas de arriba á abaixo separadas por comas (,). Así para marela encima de anel metálico en tarso dereito escribiríamos RBY,M.

Flamingo anelado Se as marcas de colores están en múltiples posicións, cada posición é separada por un punto e coma (;), por exemplo: LAG,Y;RAP,M.

Gaivota anelada Se a marca ten díxitos inscritos rexístranse despois da color da marca entre parénteses. A color dos díxitos tamén é necesaria pois figura no rexistro trala color do anel. Exemplo: Un anel verde con díxitos negros no tarso esquerdo dunha gaivota co código XSL debería ser LBGN(XSL);RBN,M se se engade un anel negro liso sobre a metálica oficial no tarso dereito.

Se existen barras ó redor do anel débese rexistrar o seguinte símbolo de corte (/). Exemplo 1: Letra R separada da letra B por unha barra (todas negras) nun anel branco, LBWN(R/B). Exemplo 2: Coma no exemplo anterior excepto que a barra é substituída por sendas barras ó principio e ó final, LBWN(/RB/).

Se unha marca de dúas colores presenta díxitos de diferentes colores en cada unha, debe ser rexistrada como dúas marcas. Se son da mesma color entón verémolo abaixo ó falar das marcas de dúas colores.

Para rexistrar bandeirolas nas patas engadiremos a letra F (flag) precedida pola color da bandeirola, por exemplo: LBRF é unha bandeirola vermella no tarso esquerdo. Para describir un anel longo úsase a letra T (tall). Para aneis de código de barras ("Wasp" rings) con bandas posicionais nun anel (longo) ósase o símbolo #. Estes aneis rexístranse como as inscricións excepto que os únicos carácteres permitidos son 0 para a "ausencia de barra", 1 para barra estreita e 2 para a grosa. Por exemplo: Para un anel marelo con barras negras no tarso esquerdo cunha barra estreita sobre unha grosa sobre unha "ausencia de barra" o código é LBY#N(120).

As placas e discos nasais son ámbolos dous rexistrados usando o código NS: Exemplo: NSRB(QQ) para unha placa nasal vermella coa inscrición "QQ" en azul. As placas nasais sempre aparecen en pares e son tratadas coma dúas marcas na mesma posición, sendo rexistrada primeiro a dereita. Os discos nasais teñen diferentes formas que son rexistradas despois da color e colocadas entre corchetes ([ ]): cadrado [Q], rectangular [R], triangular [T], circular [C], hexagonal [H], octogonal [O] e en forma de estrela [S]. NSR[Q],G[C] sería un disco cadrado na dereita e un verde e circular na esquerda.

Para marcas de dúas colores un número despois da color indica o tipo. Un espacio en branco é para sinalar a ausencia dunha color, 2 para bandas estreitas (múltiples bandas de cada color) e 3 para bandas grosas (unha banda de cada color). RAPC2,M sería un anel con bandas estreitas azul pálido e rosa escura sobre un anel metálico. A color superior debe ser rexistrada primeiro. Se aparecen díxitos inscritos que son todos da mesma color, entón a color destes debe seguir á color do anel. Por exemplo: Un colar con bandas grosas branca e verde cos díxitos XYZ azul escuro debe rexistrarse NCWG3B(XYZ).

As observacións de marcas de cores, pode conducir en ocasións a lecturas incompletas. Nestas circunstancias o sómbolo "?" substitúe ó dato non recollido (color do anel, da inscrición, pata dereita-esquerda, a súa situación, etcétera), por exemplo: ?B, ?A ou ?W. E se a color da inscrición non é visible, entón poderíase usar un código similar a este LBO?(AHT).




Exemplos.

Exemplo 1     LAM;RBWN(509X) Exemplo 2     LBR,O,N,L;RBR,M
Exemplo 3     LBM;RBGW(X/9) Exemplo 4     LAM;RBRW(/L9/)
Exemplo 5     LBOB2 Exemplo 6     LBOB2N(A8)
Exemplo 7     LBOB3 Exemplo 8     LBRF
Exemplo 9     LBM,B;RBRT Exemplo 10     LAM;RBY#N(111)
Exemplo 11     LBM;RBY#N(102) Exemplo 12

    LAR;LBM;RAY;RBLF,BF
Exemplo 13

    NCYN(RTY)




Volver ó comezo da páxina








Códigos para as colores.

M Anel metálico (Metal ring).

A Outro anel metálico.

B Azul escuro (Dark Blue).

C Rosa escuro (Dark Pink, Carmine).

G Verde escuro (Dark Green).

K Rosa claro (Light Pink).

L Verde claro (Light Green, Lime).

N Negro (Black, Niger).
O Laranxa (Orange).

P Azul pálido (Pale blue).

R Vermello (Red).

S Gris, prateado (Silver).

U Marrón (Brown, Umber).

V Violeta (Violet).

W Blanco (White).

Y Marelo (Yellow).




Volver ó comezo da páxina








Comunicación das observacións.

A adopción destas normas de codificación na recollida e transmisión dos datos, aínda en principio embarazoso e aparentemente complicado, fará máis sinxelo o procesamento e manexo da información a tódolos niveis. Comunicaranse as observacións a javiergato@inicia.es

Outro aspecto importante, sobre o que tamén queremos insistir, sería a posibilidade da realización, por parte dos investigadores que desenvolvan proxectos de marcado con colores na nosa comunidade, dun pequeno informe onde figuren o obxectivo do traballo, o tipo de marcas utilizado, ademais de toda a información que se considere necesaria. Isto mantería informados ós observadores, elemento fundamental na boa consecución de calquera proxecto de utilización de marcas especiais.







Volver ó comezo da páxina








Bibliografía.





Volver ó comezo da páxina










Texto: Francisco Javier Rodríguez Álvarez.






Volver ó comezo da páxina







Pecha-la fiestra