SGO

Por terceiro ano consecutivo, a SGO coordina en Galicia o censo da poboación invernante de aguia peixeira en Galicia, nesta ocasión integrado no 2º censo ibérico organizado por Aves de Portugal e Amigos del Águila Pescadora/Fundación Migres.

O censo terá lugar o vindeiro sábado 12 de xaneiro, e se estás interesado en participar podes facelo escollendo un dos seguintes lugares para censar en cada unha das catro provincias ou ben propondo un lugar diferente onde saibades que pode aparecer algunha aguia peixeira. Os lugares suxeridos son os seguintes:

A CORUÑA: Encoro de Cecebre, encoro das Forcadas, encoro de Fervenza, lagoa de Louro, lagoa da Frouxeira, lago das Pontes, Baldaio, ría de Ares e Betanzos, ría de Ortigueira e ría de Cedeira.

LUGO: Ría de Foz e Ría do Eo

ENCOROS SIL-MIÑO (Lugo e Ourense): Encoro de Castrelo de Miño, encoro dos Peares, encoro de Belesar, encoro de Santo Estevo e encoro de San Martiño.

PONTEVEDRA: Esteiro do Miño, ría de Vigo, encoro de Eiras, esteiro do Umia, esteiro do Ulla, encoro de Portodemouros.

Igualmente recolleranse todas as citas da especie en Galicia durante o día do censo. Calquera persoa que observe a especie ese día, aínda que non estea a participar no censo, pode enviar a súa/s cita/s á Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou directamente a calquera dos coordinadores provinciais.

Os coordinadores provinciais deste censo son:

Lugo, Ourense e Pontevedra: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A Coruña: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

DOCUMENTOS

Instruccións do censo.

Ficha de censo.

Informe de resultados do censo de 2018.