SGO

Dous anos despois da primeira edición celebrada en 2015,  Grupo Naturalista Hábitat e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), co apoio dos grupos de anelamento Hércules e Phylloscopus, organizan o II Encontro de Aneladores en Distriz (Monforte de Lemos), como conmemoración do 50 aniversario da visita realizada por Chris Mead e o equipo de aneladores da BTO a esa localidade do 1 ao 5 de setembro de 1965-67.

As xornadas de anelamento  levaranse a cabo os días 8, 9 e 10 de setembro, nas ubicacións que visitou Chris Mead nos anos 1965-67, nos arredores do río Cinsa, Distriz (Monforte).

Esta actividade é exclusiva para socios e colaboradores do Grupo Naturalista Hábitat, socios da Sociedade Galega de Ornitoloxía e membros do Grupo de Anelamento Hércules e Grupo Phylloscopus. As prazas son limitadas, sendo preciso realizar a inscrición a través do seguinte formulario:

Acceso ao formulario de inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento das xornadas, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Nesta ligazón podes consultar o programa.

Mais información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.