16.06.2019. A Asociación para a Defensa Ecoloxista de Galiza (ADEGA) e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) piden á Xunta que paralice de inmediato e de forma cautelar as obras que se están a desenvolver nun dos montes máis emblemáticos do Courel, no cumio da Serra de Oribio, e que aparentemente corresponden ao Parque Eólico Serra de Oribio. De confirmarse que se trata das obras deste parque eólico, a empresa promotora, Fergo Galicia Vento S.L., estaría actuando de forma ilegal, xa que o expediente de modificación do proxecto solicitado pola empresa aínda non foi resolto pola Consellaría de Industria, polo que non contaría con autorización administrativa recente e definitiva.
27.06.2019. A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) co apoio da Fundación Oso Pardo (FOP), a Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galicia (ADEGA) e a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) ven de presentar unha denuncia hoxe, 26 de xuño de 2019, ante a Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia contra as obras de movemento de terras e acondicionamento de pistas iniciadas pola empresa Fergo Galicia Vento, S.L. na Serra do Oribio, e que foron paralizadas preventivamente o pasado luns 17 de xuño ao non contar con toda a documentación regulamentaria.