Sociedade Galega de Ornitoloxía, Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife), e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) veñen de presentar as correspondentes alegacións ao Proxecto de mellora para o aproveitamento en regadío das 42 captacións de augas subterráneas "A Limia 2022", polos graves impactos que podería causasr en espazos e especies protexidas.
A zona afectada está incluida dentro dunha das principais Áreas Importantes para a conservación das Aves e a Biodiversidade (IBA) de Galicia, afectando tamén a unha parte significativa dun espazo da Rede Natura 2000 (ZEPA A Limia), e preto dunha Reserva de Biosfera.
Este espazo constitúe un dos derradeiros territorios reprodutores para algunhas especies de aves da rexión como a avefría e o alcaraván e alberga poboacións de plantas e aves catalogadas como ameazadas (Vulnerables ou En Perigo) a nivel estatal e galego como a tartaraña cincenta, o sisón ou o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum).
Nesta ligazón podes descargar a nota de prensa.