SGO

A Sociedade Galega de Ornitoloxía, xunto co apoio doutras seis entidades conservacionistas, solicita información máis detallada dos 10 proxectos en materia de biodiversidade sinalados pola CMATV como destinatarios dos fondos de recuperación económica Next Generation.

As entidades asinantes consideramos que sería desexable que se puideran abrir leitos de participación para a sociedade civil na priorización e toma de decisións das inversións destes fondos. Por tal motivo, solicitamos unha reunión telemática coa Conselleira Dª. Ánxeles Vázquez e a Directora Xeral de Patrimonio Natural Dª. Belén María do Campo para poder ter información máis directa deste asunto que entendemos de gran importancia para a conservación da natureza en Galicia.

DESCARGAR ESCRITO

NOTA DE PRENSA